O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza este curso co obxectivo deste curso é permitir que os alumnos coñezan os conceptos básicos da metodoloxía BIM e cales son os aspectos clave que se deben ter en conta para implantalo de maneira exitosa nun estudo de arquitectura.
As sesións presenciais do curso terán lugar no Auditorio 2 do Edificio CINC, na Cidade da Cultura, os días 10 e 11 de decembro. Consulta aquí a información en detalle e o programa do curso.
BIM é unha metodoloxía de traballo colaborativo para a xeración e xestión de proxectos e xestión de proxectos e obras, basada en concentrar toda a información do proxecto e o seu desenvolvemento nun modelo de información.
Esta metodoloxía permite:
- Ter un control completo de todos os elementos do proxecto e do traballo e como están interrelacionados.
- A colaboración entre diferentes técnicos nunha obra intégrase de forma natural.
- Todo isto permite un aumento significativo na productividade do estudo e do control dos custos.
Este curso organízase no marco do convenio suscrito entre o Ministerio de Fomento e o CSCAE para o desenvolvemento de actividades dirixidas á formación e coñecementos prácticos en materia de metodoloxía BIM aplicada á contratación e licitación de obra pública polos colexiados do CSCAE de todo o territorio español, e especialmente nas zonas xeográficas e nos colectivos onde existan maiores dificultades para o acceso a esta formación e que teñan o poidan ter maior relación co sector público, tendo ademais en conta a perspectiva de xénero na selección dos participantes.























