CONSERVAL: cara a unha industria conserveira circular

O proxecto Conserval Poctep celebra a súa conferencia final o 15 de marzo na Cidade da Cultura. Os resultados deste proxecto transfronteirizo, centrado na valorización de produtos e augas residuais da industria conserveira en España e Portugal daranse a coñecer nun evento aberto a público —previo rexistro— no Edificio CINC do Gaiás. As presentacións e ponencias poderán seguirse tamén en remoto.

A conferencia final guiaranos polos principais fitos alcanzados polo consorcio, froito dun traballo de investigación multidisciplinar grazas ao que se desenvolveron e probaron solucións e tecnoloxías innovadoras que permiten o aproveitamento das correntes residuais —sólidas e líquidas— da industria das conservas.

O evento divídese en catro bloques. Durante o primeiro, ‘Recuperación de produtos de valor presentes en correntes da industria alimentaria’, analizaranse os resultados do proxecto respondendo á pregunta: que é o que conseguimos? desde abril de 2019 ata a actualidade. Nesta primeira sección participará o líder do proxecto, Cetaqua, xunto con ANFACO-CECOPESCA e a Universidade de Santiago de Compostela (USC).

No seguinte apartado do evento, tamén da man de Cetaqua, achegarémonos ao proxecto CIGAT Biofactoría, para descubrir as sinerxías compartidas cos sectores lácteo e vitivinícola. Aquí debateranse tamén os desafíos atopados para industrializar a produción de ácidos graxos volátiles a partir de correntes residuais.

Os bloques restantes abordarán as oportunidades de transferencia ao mercado das tecnoloxías resultantes, así como a percepción e aceptación das persoas usuarias finais dos novos produtos desenvolvidos, con presentacións impartidas por FEUGA e a USC, respectivamente. A xornada concluirá cun debate sobre a implantación da economía circular na industria alimentaria. 

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h