«Con elas explorando o futuro»

O Centro GaiásTech da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia conmemora o Día Internacional de Muller e da Nena na Ciencia, que se celebra o 11 de febreiro, co ciclo de faladoiros «Con elas explorando o futuro». O obxectivo destes encontros, dirixidos a rapaces e rapazas de entre 12 e 16 anos, é visibilizar o rol das profesionais femininas no sector tecnolóxico e ofrecer referentes para fomentar as vocacións TIC, especialmente entre as nenas.

O ciclo comezará o 15 de febreiro coa intervención de Susana Ladra, vicepresidenta do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia. Para participar é necesario inscribirse a través da páxina do Gaiás Tech.

O segundo encontro correrá a cargo de Rosa Vázquez da Startup Codee, o día 20 deste mes; e  Almudena Justo, directora do Centro International Quamtum de Fujitsu, será a encargada de pechar as charlas o mércores, 28 de febreiro.

Estes faladoiros súmanse ás actividades previstas dentro Plan Digitalent da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para impulsar as vocacións tecnolóxicas e eliminar a fenda de xénero no sector. Este ano está previsto celebrar novas edicións do programa Girl Steam con obradoiros de experimentación nas aulas CeMIT; os espazos Maker, que facilitan o uso de equipamento interactivo, impresoras 3D, drons ou kits de robótica na Rede CeMIT e no GaiásTech; Tecnológo por un día, que ofrece a posibilidade de compartir unha xornada de traballo nunha empresa TIC; o Campamento DigiTalia; o Scratch Day, un encontro para aprender a programar ou o Programa Tech Kids, que achega aos máis pequenos á tecnoloxía con actividades lúdico formativas.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI