Claves para a industria 4.0: Tecnoloxía, dixitalización e persoas

A Cidade da Cultura acolle o martes 23 de outubro a xornada 'Claves para a industria 4.0: Tecnoloxía, dixitalización e persoas', organizada pola empresa Sisteplant. Será un evento para o intercambio de experiencias entre empresas e empresarios, ao que se pode asistir de balde, previa inscrición.

Durante os últimos anos, a industria está a vivir unha importante transformación da man dos cambios na demanda, que con frecuencia tradúcense na esixencia de niveis de personalización e axilidade extremas. O paradigma Industria 4.0 irrompeu con forza, e posibilita dar resposta a estas esixencias do mercado. A transformación 4.0 implica dixitalización, e tamén importantes cambios a nivel produtivo, loxístico, socio-laboral, de capacitación e xestión do coñecemento… que é imprescindible abordar con estratexia e visión global.

Durante a xornada abordaranse as claves do proceso de transformación cara á Fábrica do Futuro e presentaranse experiencias prácticas de empresas que xa comezaron este camiño.

AXENDA DA XORNADA
09:30h.- Benvida

09:40h.- "Industria 4.0: Dixitalización e moito máis. Eixos da Fábrica do Futuro". Alfonso Ganzabal, Director general de Sisteplant.

10:10h.- "Un día en fábrica: O papel das tecnoloxías 4.0 na operativa e decisións diarias". Presentación audiovisual.

10:45h.- "Experiencias prácticas de Fabricación Avanzada e Industria 4.0". Borja Arenaza, Advanced manufacturing manager de Sisteplant.

11:15  Café

11:45  Mesa redonda: Transformación 4.0 e competitividade.
    Carlos Merino Rego, Director de Tecnoloxías Dixitais/ Centro Tecnolóxico – Navantia
    Nicolás Deus , Director de Operacións – Estrella Galicia
    Francisco Nieto, Director de Logística – CIE GalFor
    Jesús Ramos, Director Industrial – Jealsa

Modera: Jose Mª Borda, Vicepresidente Executivo de Sisteplant.

13:00h.- Conclusións e fin da xornada.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
Convocatoria aberta
Do 9 de abril ao 8 de maio
19 abr 2026
Ás 17:00h
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h