Clausura da II Edición Vodafone Connecting for Good Galicia

O vindeiro 24 de abril o programa Vodafone Connecting for Good Galicia pon fin á súa segunda edición cunha xornada de clausura celebrada na Cidade da Cultura, na que se entregarán os premios aos mellores proxectos tecnolóxicos da actual convocatoria.

‘Connecting for Good Galicia’ é un programa impulsado por Vodafone e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, coa colaboración da Fundación Vodafone España. O seu obxectivo é desenvolver iniciativas emprendedoras de innovación social dixital en calquera dos ámbitos recollidos na Axenda Dixital de Galicia 2020, valorando especialmente o enfoque inclusivo cara os colectivos de persoas con discapacidade e persoas maiores.

Os seis proxectos emprendedores participantes da súa segunda edición foron 3DAcoustic, it!, Formadox, Mediación Móvil, Sense(z) e Tapper.

De entre eles, a Xunta de Galicia outorgará a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) o premio ao mellor proxecto polo seu carácter innovador por valor de 25.000€  e ademais, a Fundación Vodafone España outorgará o Premio “Conectados por la Accesibilidad” que ascende a 10.000€  a aquel proxecto que mellor incorporase os Principios de accesibilidade Universal.

Clausurará o acto o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. Ademais, durante esta xornada anunciarase a apertura da III Edición do Programa e o prazo de candidaturas.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI