Cidades resilientes: participación democrática e ecoloxía

O CISPAC (Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais) acolle o xoves 11 de xuño ás 12h o evento “Cidades resilentes: participación democrática e ecoloxía. Repensar para construír comunidades inclusivas e sostibles”, unha actividade do Festival New European Bauhaus que terá lugar no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia. A sesión propón un espazo de reflexión crítica ao redor das transformacións urbanas contemporáneas e dos desafíos que afrontan as cidades na construción de comunidades máis inclusivas, sostibles e diversas.

No encontro participarán os investigadores Ismael Yrigoy, Noelia Parajuá, Gabriel Muleiro e Cristina Botana, que abordarán cuestións como a relación entre mercado inmobiliario e segregación socioespacial, o incremento dos prezos da vivenda, a transformación dos centros históricos, os sistemas sostibles de distribución alimentaria ou as novas formas de organización colectiva que emerxen nos espazos urbanos. A actividade contará tamén coa presenza de Iago Lestegás, concelleiro de Urbanismo do Concello de Santiago de Compostela, que achegará a súa experiencia sobre os retos e oportunidades da planificación urbana na cidade.

“Cidades resilentes: participación democrática e ecoloxía” forma parte da programación de eventos satélite do New European Bauhaus, iniciativa europea orientada a repensar os espazos de vida desde a sostibilidade, a inclusión e a calidade estética. O encontro está coordinado por Gabriel Muleiro e conta coa colaboración do CISPAC, a Universidade de Santiago de Compostela e o grupo de investigación HISTAGRA.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI