O Santiago Futsal volve contar coa colaboración de Viaqua para levar a cabo a gran festa do fútbol sala: A Cidade do Futsal. Un ano máis o torneo por excelencia de Futsal celebrarase nunha contorna ideal: A Cidade da Cultura. As datas de celebración serán o 30 e 31 de marzo, enmarcándose ademais na exitosa exposición Valor e mestría. Galicia como fútbol
A Cidade do Futsal, xa na súa VI edición, promocionará o lecer e o fútbol sala ao aire libre nunha fin de semana no que os máis pequenos e as súas familias poderán compartir os valores do deporte na cidade de Santiago de Compostela e gozar da gran oferta de cultural da Cidade da Cultura.
O evento, que congregará a máis de 400 xogadores e xogadoras de categorías inferiores de fútbol sala de toda a xeografía galega, festexarase simultaneamente nas tres pistas que se dispoñerán nos espazos exteriores da Cidade da Cultura, organizando ademais o club diferentes accións paralelas de lecer.
Con motivo da gran festa do Futsal, o calendario de futbol sala da RFGF correspondente a esa fin de semana queda aprazado co fin de que os equipos poidan acudir. Da mesma forma, os horarios non coincidirán cos de fútbol campo. Desde o Santiago Futsal agradecemos a RFGF a súa predisposición para facer deste evento deportivo un gran éxito a nivel de participación.
Os equipos estarán formados por 4 xogadores (1 porteiro + 3 xogadores de pista) e cada equipo pode ter un máximo de 1 cambio (é dicir total de 5 xogadores), unha fórmula adaptada ao tamaño das pistas que fai os partidos máis dinámicos e divertidos para participantes e espectadores
As categorías participantes serán as de prebenxamín, benxamín e alevín e a inscrición poderase realizar presencialmente nas oficinas do Club ou a través do correo electrónico administracion@santiagofutsal.com.
Os partidos disputaranse o sábado pola tarde e o domingo durante todo o día. Unha vez finalizado o torneo, celebrarase a entrega de trofeos.
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
























