Cidade do Futsal 2019

O Santiago  Futsal volve contar coa colaboración de Viaqua para levar a cabo a gran festa do fútbol sala: A  Cidade  do  Futsal. Un ano máis o torneo por excelencia de Futsal celebrarase nunha contorna ideal: A Cidade da Cultura. As datas de celebración serán o 30 e 31 de marzo, enmarcándose ademais na exitosa exposición Valor e  mestría. Galicia como fútbol

Cidade  do  Futsal, xa na súa VI edición, promocionará o lecer e o fútbol sala ao aire libre nunha fin de semana no que os máis pequenos e as súas familias poderán compartir os valores do deporte na cidade de Santiago de Compostela e gozar da gran oferta de cultural da Cidade da Cultura.
 
O evento, que congregará a máis de 400 xogadores e xogadoras de categorías inferiores de fútbol sala de toda a xeografía galega, festexarase simultaneamente nas tres pistas que se dispoñerán nos espazos exteriores da Cidade da Cultura, organizando ademais o club diferentes accións paralelas de lecer.
 
Con motivo da gran festa do Futsal, o calendario de futbol sala da RFGF correspondente a esa fin de semana queda aprazado co fin de que os equipos poidan acudir. Da mesma forma, os horarios non coincidirán cos de fútbol campo. Desde o Santiago  Futsal agradecemos a  RFGF a súa predisposición para facer deste evento deportivo un gran éxito a nivel de participación.
 
Os equipos estarán formados por 4 xogadores (1 porteiro + 3 xogadores de pista) e cada equipo pode ter un máximo de 1 cambio (é dicir total de 5 xogadores), unha fórmula adaptada ao tamaño das pistas que fai os partidos máis dinámicos e divertidos para participantes e espectadores
 
As categorías participantes serán as de  prebenxamín,  benxamín e alevín e a inscrición poderase realizar  presencialmente nas oficinas do Club ou a través do correo electrónico administracion@santiagofutsal.com.
 
Os partidos disputaranse o sábado pola tarde e  o domingo durante todo o día. Unha vez finalizado o torneo, celebrarase a entrega de trofeos.
 
 
Visita en línea
#aculturasegue
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
4 Jun — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Jul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de julio 2026
A las 18:30h
15 Jul 2026
A partir de las 20:30 horas
Sep - Nov 2026
Convocatoria cerrada
1 — 4 Sep 2026
PLAZO DE INSCRIPCIÓN CERRADO