Cambiar o conto

Acto de clausura de Cambiar o conto, enmarcado no programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Política Social.

O obxectivo do proxecto é espertar a conciencia da poboación sobre diferentes situacións de discriminación e prexuízos. A proposta Cambiar o conto está encabezada con cinco mensaxes curtas e directas: Cuestionamos, acollemos, descoñecemos, descoidamos e sospeitamos.

Os finais non escritos, o que realmente viviron os protagonistas participantes neste proxecto coñeceranse na Sala Seminario do Museo da Cidade da Cultura. Nese acto proxectarase un vídeo, no que os protagonistas descubrirán o final co que se procura rachar prexuízos e estereotipos presentes na sociedade e relacionados cos colectivo en risco de exclusión social. Nos relatos recóllense as vivencias dun mozo sirio, Camal; Cristy, profesora de autodefensa e kárate, campioa de Europa, discapacitada e lesbiana; Inma, outra moza lesbiana; e Manuel, de etnia xitana, cuxa historia se interrompe, cando soa no seu móbil unha melodía de Camarón, xusto cando está a piques de alugar un piso.

Máis información, neste enlace

 

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h