Basket & Cheese

A Cidade da Cultura acollerá a cuarta edición do Basket & Cheese, xornada sobre patrocinios e baloncesto. O Club De Empresas Obradoiro únese desta volta ao Centro de Emprendemento do Gaiás para organizar esta actividade que terá lugar o mércores 20 de abril e que contará coa participación da Queixería Barral.

A mesa redonda, titulada O deporte como vehículo empresarial, contará co editor jefe de Hoopshype.com, Jorge Sierra; o director en Europa Oeste de BDA Sports, Quique Villalobos; e o responsable de patrocinios de Estrella Galicia, José Villanueva.Tamén estará Lupe Murillo, xerente de Conservas Pescamar, conselleira do Rio Natura Monbus Obradoiro e presidenta do Pontevedra Club de Fútbol, e Jordi Canellas, director de mercadotecnia e patrocinios da ACB.

Ao acto están convidados todos os membros do Club de Empresas Obradoiro e do Centro de Emprendemento do Gaiás, que poderán gozar dos produtos de Queixería Barral, ademais de cervexas de Estrella Galicia.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI