Atardecer no Gaiás 2017

A banda sonora do verán pona Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos ao aire libre que os xoves, venres e sábados de xullo e agosto nos trae á praza central da Cidade da Cultura as mellores bandas do momento. Esta sétima edición terá un intenso sabor galego, con actuacións en pequeno formato de Triángulo de Amor Bizarro, Malandrómeda, Familia Caamagno, Músculo!, Terbutalina ou Víctor Prieto.

Atardecer no Gaiás 2017 contará con outros artistas punteiros do panorama nacional e internacional como C. Tangana, un dos grandes nomes do rap actual; o pop en catalán de Manel; a gañadora de dous Grammys latinos, Carla Morrison; o tecno pop de Hidrogenesse ou o trovador brasileiro Gustavo Almeida. E, por segundo ano consecutivo, tres sesións de cine ao aire libre coa música como protagonista. Un verán máis, desexarás que se poña o sol!

Máis información en www.atardecernogaias.gal

 
 
 
Volven en Semana Santa
11.30 horas
15 NOV 2019 - 12 ABR 2020
24 FEBREIRO
17-19 HORAS
29 FEBREIRO
17 HORAS
22 MARZO
18 HORAS
SÁBADOS A PARTIR DO 11 DE ABRIL (En Semana Santa, tamén xoves e venres)
11.30 HORAS