O luns día 8 de outubro a sala 1 da Biblioteca e Arquivo de Galicia acollerá a reunión da Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación Festivais de Galicia.
Na reunión participarán representantes das empresas asociadas, produtoras de 8 dos festivais profesionais musicais máis recoñecidos de Galicia: 17º Ribeira Sacra Festival, Atlantic Fest, Festival de la Luz, Revenidas, Sinsal Son Estrella Galicia, SonRías Baixas, Vive Nigrán e WOS Festival Son Estrella Galicia.
Os festivais asociados reúnen, cada ano, a máis de 75.000 persoas, xeran máis de 600 postos de traballo e invisten 1,5 millóns de euros no territorio. Ademais, contan cun amplo recoñecemento a nivel galego e español e mesmo internacional, atesourando varios premios nacionais e internacionais. Estes festivais contan con casi 400.000 seguidores/as en redes sociais e son un factor esencial de visibilización dos municipios onde se celebran, atraendo milleiros de visitantes e turistas.
























