Asamblea de lanzamento do 'Programa de Ciencias Mariñas Galicia'

A Xunta celebra o 27 de xullo na Cidade da Cultura a asamblea de lanzamento da iniciativa de investigación e desenvolvemento tecnolóxico Programa de Ciencias Mariñas de Galicia, que forma parte dos Plans Complementarios previstos na compoñente 17 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Estado. O programa é promovido polo Ministerio de Ciencia e Innovación e as Comunidades Autónomas, en Galicia, a través da Consellería do Mar.

Este Programa de Ciencias Mariñas de Galicia finánciase ao amparo do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia dos Fondos Next Generation Europe e do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca. Na iniciativa están implicados a totalidade dos organismos públicos de investigación con dedicación ás ciencias do mar en Galicia e as tres Universidades do Sistema Universitario Galego.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
Ata 3 Mai 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
Convocatoria aberta
Do 9 de abril ao 8 de maio
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
5 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h