Artesanía no Prato

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, organiza as Primeiras Xornadas Profesionais Artesanía no Prato, que se van celebrar o 1 e 2 de outubro, en horario de 11 a 21.30 horas, no Museo Centro Gaiás (andar -1) da Cidade da Cultura de Galicia.

As xornadas Artesanía no Prato nacen co obxectivo fortalecer a promoción e comercialización do produto artesanal galego, fomentando un espazo creativo desde o cal desenvolveranse experiencias que evidenciarán o potencial do valor da artesanía no ámbito da hostalería e a restauración.

Os obradoiros artesanais que presentarán os seus produtos nesta primeira edición das Xornadas Artesanía no Prato son Adriana Echeverría - MAGMA (Pontevedra); Alfarería O Rulo (Buño - Malpica de Bergantiños); Armaior (Quiroga); Arteviares (A Coruña); Artesanía Ferradáns (A Estrada); Atalanta Madera (A Estrada); Carlos San Claudio (Vigo); Cerámica Suve (Cangas); Cerámica Unzueta (Brión); Coitelos Fonsagrada CF (A Fonsagrada); Degerónimo (Santiago de Compostela); Estudio Estampa (Mondoñedo); Fani Sánchez Barreiro Cerámica (A Coruña); Fernando Porto (A Estrada); Galeare (Xinzo de Limia); Idoia Cuesta (Outeiro de Rei); La Platanera (Illa de Arousa); Laura Delgado (Cambre); Lorenzo Design (Santiago de Compostela); Madriguera Workshop (Miño); Manuel Figueiras (Muros), María Feijóo (Santiago de Compostela); Medialúa (Santiago de Compostela); Noroeste (Santiago de Compostela); Ojea Studio (Vigo); Olería Aparicio (Buño - Malpica de Bergantiños); Pepe Otero Oleiro (A Coruña); Rectoral de Gundivós (Sober); Regal Cerámica (Viveiro); Rir & Co. (Allariz); Verónica Moar (A Coruña) e Víctor Ares (A Coruña). 

O programa de actividades permitirá aos visitantes, tomar contacto cunha oferta da artesanía galega actual e que pon en valor a cultura e os valores tradicionais pero tamén coa mirada posta no futuro. Entre outras actividades, poderedes atopar dous cursos de formación da man do artista plástico e fotógrafo portugués José Lourenço, relacionados coa fotografía e a rede social Instagram.

Velaquí o enlace para os/as que desexedes facer a solicitude de participación nestes cursos: http://artesaniadegalicia.xunta.gal/actualidad/formacion

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h