O Instituto Galego do Viño celebra o vindeiro 26 de setembro o acto de apertura do Curso Superior de Sumiller Profesional 2016-2017, que contará coa presenza de Agustí Peris, uno dos sumilleres máis respectados do país (El Bulli, Martín Berasategui, Mugaritz, Torre del Remi e, desde hai cinco anos, Etxebarri).
O Curso Superior de Sumiller Profesional ofrece unha formación profunda e completa aos profesionais que desexan desenvolver a súa carreira como sumiller sector vitivinícola, hostaleiro ou turístico. Grazas a un esixente programa lectivo e á participación dos docentes máis prestixiosos (Josep Roca, Ferrán Centelles, César Cánovas, Raúl Pérez, etc.), constitúese nunha referencia da formación vitivinícola de calidade en España, ofrecendo un programa de especialización profesional non dispoñible previamente en Galicia. Este curso aborda a xestión dos viños desde unha perspectiva integral que inclúe fundamentos de viticultura, enoloxía e cata, así como técnicas de márketing aplicadas ao viño.






















