A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) é unha axencia pública autonómica, adscrita á Consellería do Medio Rural, que ten por obxecto:
- Constituírse no instrumento básico de actuación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade. Investigar e realizar o desenvolvemento tecnolóxico no sector agroalimentario.
- Desenvolver as actividades de I+D+I nos sectores agrario, gandeiro e forestal, dentro do marco das competencias que a esta axencia lle atribúen os seus estatutos estatutos.
- Realizar aquelas outras actuacións relacionadas coas actividades anteriores que determine a consellería de adscrición cos medios e persoal que a ela se adscriben.
A Axencia conta na súa estrutura con catro centros de investigación de referencia (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), Centro de Investigacións Forestais de Lourizán (CIF), Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) e o Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (LAFIGA)) e seis Centros de Formación e Experimentación Agraria(CFEA) (Sergude, Guísamo, Becerreá, “Pedro Murias” Ribadeo, Monforte de Lemos e Lourizán).
Mar - Dec 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Nov - mai 2017
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
14 nov 2026
De 17:30h a 18:30h
21 Nov 2026
16.30 h





























