Acto Oficial Federación Autismo Galicia

Baixo o lema «Unha feliz viaxe pola vida», a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022 pon o foco no dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias para gozar dunha vida feliz.

A Federación Autismo Galicia organiza un acto conmemorativo o día 2 de abril, de 11:30 a 13:30h. O acto terá un formato televisivo en streaming, coa colaboracion de Cidade da Cultura.

Na presentación oficial do acto contarase coa presenza de Jacobo Rey Sastre, Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, e Mercedes Fernández Angulo, Presidenta da Federación Autismo Galicia, e vicepresidenta de Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro do Autismo da Provincia da Coruña, ASPANAES, e farase a presentación da campaña «Unha feliz viaxe pola vida» a cargo da presidenta da Federación Autismo Galicia.

Tamén como parte do acto farase a presentación de "XXV anos da revista Maremágnum: Coñecemento e coidados do autismo" a cargo de Cipriano Luis Jiménez Casas, membro do consello asesor da FAG.

O evento contará tamén cunha serie de diálogos adicados ao autismo, conducidos por diversos ponentes cunha importante traxectoria no ámbito da saúde e da incidencia social. 

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI