O Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura acolle a entrega do Premio Arume de Poesía para a Infancia 2023, do que resultou gañador o músico, docente e escritor ourensán Pablo Nogueira Campo coa obra Versos (a)variados.
No mesmo acto presentarase o libro gañador da anterior edición do Premio Arume, Os verso da mariola, de Antón Cortizas, publicado por Edicións Embora.
O Premio Arume de Poesía para a Infancia foi creado por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil e tivo a súa primeira edición hai máis de vinte anos. No ano 2021 retomouse a convocatoria do galardón como unha iniciativa conxunta entre GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), a empresa Deleite e a Fundación Xosé Neira Vilas.
Mar - Dec 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
31 out 2026
De 19:00h a 20:30h
3 nov 2026
Ás 19:00h
7 e 8 Nov 2026
12.00 horas




























