Accións de fomento dos áridos galegos

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) celebra na Cidade da Cultura unha xornada para dar a coñecer as accións que vén realizando para fomentar o sector. Entre as iniciativas que se presentarán destaca o vídeo documental Que sabes dos áridos?, realizado por La Esponja ou o cómic Lagartiño e o futuro da canteira, ilustrado por Manel Cráneo.

A xornada servirá tamén para coñecer a 'Campaña Cero Accidentes' que se está a levar a cabo nas máis de 50 empresas que pertencen á asociación. Esta campaña desenvólvese dentro do marco das axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para impulsar a realización de accións que contribúan a mellorar as prácticas preventivas e ambientais do sector mineiro galego, a transferencia de coñecemento, o aproveitamento racional e eficiente dos recursos minerais, a Investigación e innovación no seu aproveitamento, así como a divulgación e promoción do sector.

Arigal é unha organización empresarial constituída no ano 1999 para agrupar ás empresas galegas adicadas á transformación industrial, fabricación e comercialización de áridos. Na actualidade, este colectivo conta con 50 empresas asociadas, que desenvolven a súa actividade en 75 centros de traballo e que representan ao 93% do sector na comunidade. Ademais, tamén integra a outras 27 empresas adheridas, pertencentes a subsectores auxiliares, como o das voaduras ou o do transporte, por exemplo.

A asociación foi creada co obxectivo de apoiar os empresarios en materias como a prevención de riscos laborais, o respecto polo medio ambiente, a capacitación técnica, o financiamento, a promoción dos áridos especialmente no ámbito do ensino e a cooperación, representatividade e interlocución ante as administracións. Hoxe en día, Arigal tamén é referencia en innovación, formación, internacionalización e seguridade laboral no sector.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI