73º Congreso Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía

Os días 28 e 29 de setembro celébrase na Cidade da Cultura o 73º Congreso da Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía, un encontro de carácter científico dirixido aos profesionais desta especialidade sanitaria na nosa comunidade.

O programa inclúe mesas de debate nas que se abordarán cuestións de actualidade para a profesión e se presentarán, a través de relatorios e comunicacións, algúns dos resultados máis recentes de estudos realizados arredor de temas como as complexidades do parto e da xestación en pacentes con obesidade ou con idade avanzada, ou a anticoncepción, vacinación e as ETS na adolescencia.

No congreso tamén se fará entrega do "Premio Alejandro Novo González" ao mellor traballo realizado en Galicia sobre obstetricia e xinecoloxía.

O programa completo de actividades pode consultarse aquí.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027