«30th Network Meeting» Erasmus Emprendedores

A Cidade da Cultura acolle os días 7 e 8 de marzo a «30th Network Meeting» do Programa Erasmus Emprendedores. Trátase dun encontro dirixido a xestores do programa Erasmus Emprendedores en toda Europa; técnicos de universidades, centros de negocio, hubs de emprendemento, parques tecnolóxicos, cidades, rexións, etc; ademais de responsables de distintos programas europeos (EISMEA, DG GROW).

As xornadas ofrecen a oportunidade a todos eles de coñecerse, intercambiar experiencias e boas prácticas, obter máis orientación sobre as novidades do programa e explorar novos perfís emprendedores.

O evento convoca a máis de 180 persoas dunha trintena de países e contará tamén coa a participación de entidades como a Cámara de Comercio de Santiago, a Deputación de Pontevedra, Efektas Group (LT), Eurocity Chaves-Verín (ES-PT), FEUGA, Fundación Galicia Europa (ES-BE), IFOA (IT), Laval Mayenne Technopole (FR), The Ukrainian Chamber of Commerce and Industry (UA), Turismo de Santiago De Compostela, UNISCO (IT) e VIDA LACTEA (ES).

O Erasmus Emprendedores é un programa de intercambio internacional que ofrece aos novos emprendedores a oportunidade de aprender da experiencia de persoas que dirixen con éxito pequenas e medianas empresas noutro país. O intercambio de experiencias desenvólvese por medio dunha estancia no país de destino, ofrecendo á vez ao anfitrión novas perspectivas sobre o seu negocio e a oportunidade de cooperar con socios estranxeiros ou de coñecer novos mercados.

Máis información e axenda do evento AQUÍ.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI