12 Congreso estatal de EOIs

O duodécimo Congreso Estatal de Escolas Oficiais de Idiomas celébrase do 27 ao 29 de outubro en Santiago de Compostela, organizado pola Asociación de Profesorado de EOI de Galicia (APEOIGA), e cun lema que homenaxea a súa celebración no bienio Xacobeo: «O Camiño dás Linguas». As dúas primeiras xornadas, xoves e venres, serán no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, mentres o último día a actividade será no Auditorio de Galicia.

Este evento converterase nun punto de encontro para todos os profesores de Escolas de Idiomas a nivel nacional. O programa conta con cinco conferencias plenarias a cargo de Víctor Fernández Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Neus Figueras Casanovas, especialista europea en avaliación de lingua; Ignacio Palacios Martínez, catedrático da USC; Daniel Cassany Comas, profesor e investigador na Universidade Pompeu Fabra e Andrés Allo Lázaro, do Servizo Español para a Internacionalización da Educación-SEPIE.

Haberá ademais un amplo catálogo de relatorios e obradoiros para os máis de 500 asistentes previstos pola organización. Máis de cen conferenciantes nacionais e internacionais xuntaranse na Cidade da Cultura para abordar as temáticas e retos de actualidade no ámbito lingüístico, entre eles a internacionalización das EOI, o ensino semi-presencial e o «blended learning», ou as novas metodoloxías no ensino de linguas. As principais casas editoriais especializadas en material didáctico para a ensino/aprendizaxe de linguas estranxeiras estarán presentes nun espazo de exposición de acceso libre.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI