Coworking - Tablón

 
Santiago de Compostela, 30 de Novembro de 2018

O venres 30 de novembro o Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura viaxa ao Culturgal para dar a coñecer o seu programa de apoio ao emprendemento, e en especial os Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, que veñen de celebrar a súa sexta edición co patrocinio de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e a colaboración do Igape.

Santiago de Compostela, 09 de Outubro de 2018 a Santiago de Compostela, 11 de Outubro de 2018

A empresa DXC Technology, ubicada no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia, ofrece ao todos os seus traballadores un curso de ANSIBLE, plataforma de software libre empleada para a configuración, administración e automatización de servidores, aplicacións, servizos e infraestrutura de rede.

O curso desenvolverase en tres xornadas, do martes 9 ao 11 de outubro no Cubículo do CEM.

Santiago de Compostela, 04 de Outubro de 2018 a Santiago de Compostela, 22 de Maio de 2019

O fotógrafo Óscar Corral, residente no Coworking do Gaiás, organiza unha nova edición do seu obradoiro de fotografía para principiantes, dirixido a todas aquelas persoas que desexen iniciarse coa cámara. As clases serán os mércores e xoves no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura en horario de 20:30 a 21:30 horas.

Óscar Corral conta con máis de 15 anos de experiencia dedicado de maneira profesional á fotografía, destacando especialmente o seu traballo como fotoxornalista para medios como El País ou EFE, entre outros moitos.

Santiago de Compostela, 04 de Outubro de 2018

O xoves 4 de outubro terá lugar no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura o "Taller para comunicar de forma eficaz", encadrado dentro do programa Galicia Open Future. A sesión está dirixida ás persoas emprendedoras e empresas que participan nesta edición do Galicia Open Future e será impartida por Álvaro Otero, de Atlántica Comunicación, firma especializada en comunicación online e offline, consultoría e xestión das relacións cos medios de comunicación.

Santiago de Compostela, 04 de Outubro de 2018

Reunión mensual da coordinación do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, dirixida a todas as empresas residentes, tanto no Viveiro como no Coworking, e destinada a informar das actividades do Centro e outros temas de interese para as persoas emprendedoras do CEM.

Páxinas