Coworking - Tablón

 
Santiago de Compostela, 13 de Abril de 2018

O 13 de abril a Cidade da Cultura acolle a xornada CREAGAIÁS, unha iniciativa lúdico-formativa que nace co obxectivo de potenciar o emprendemento e a creatividade así como darlle visibilidade as empresas e proxectos residentes no Centro de Emprendemento do Gaiás. Nesta primeira edición, CREAGAIÁS pon o acento na imaxe e en como empregala de forma eficaz a través das redes sociais para facer visible o traballo das persoas emprendedoras.

Santiago de Compostela, 12 de Abril de 2018 a Santiago de Compostela, 20 de Setembro de 2018

O curso 'Activa o teu talento', impartido por Quelqum, terá lugar no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura entre o 12 de abril e o 20 de setembro, en horario de 9 a 14 horas e con dúas xornadas lectivas por mes (exceptuando agosto).

Esta acción formativa estrutúrase en base a sesións abertas grupais de mentoría, nas que se traballa a través dun acompañamento que busca dar resposta ás necesidades como grupo e ás particularidades de cada un dos participantes na formación.

Santiago de Compostela, 04 de Abril de 2018

Este mércores 4 de abril arrancan as sesións formativas do programa Go2Work, destinadas aos 22 proxectos emprendedores seleccionados para participar neste coworking impulsado por Igape e a EOI, que conta coa colaboración do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.

Santiago de Compostela, 04 de Abril de 2018

O mércores 4 de abril terán lugar as titorizacións individuais con empresas do CEM, na Sala Acristalada, realizadas por UN-EM. As titorizacións indiviualizadas veñen a complementar o módulo formativo impartido o día 3 de abril, destinado tanto a empresas residentes no Coworking e no Viveiro como a emprendedores externos.

Nesta ocasión, o módulo foi impartido pola fotógrafa e xestora cultural Carolina Martínez e centrouse na xestión e produción de proxectos culturais.

Santiago de Compostela, 24 de Marzo de 2018 a Santiago de Compostela, 25 de Marzo de 2018

Atlantic Emprende + Gaiás propón un espazo de encontro entre profesionais, emprendedores, estudantes e empresas da industria musical. En total serán dous días de conferencias, formación, espazos de debate e networking, que pecharán con cadanseu concerto acústico de artistas do panorama galego actual.

Páxinas