Coworking - Tablón

 
Santiago de Compostela, 30 de Novembro de 2018

O venres 30 de novembro o Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura viaxa ao Culturgal para dar a coñecer o seu programa de apoio ao emprendemento, e en especial os Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, que veñen de celebrar a súa sexta edición co patrocinio de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e a colaboración do Igape.

Santiago de Compostela, 27 de Outubro de 2018 a Santiago de Compostela, 19 de Xaneiro de 2019

O Instituto de Medios Sociales organiza un Curso de Deseño Gráfico dirixido a autónomos, empresarios, estudiantes, investigadores e, en xeral, a todas aquelas persoas interesadas en adquirir a habilidade para enfrontarse a un proxecto profesional.

O curso inclúe a aprendizaxe das ferramentas de dúas das aplicacións da Suite Adobe máis empregadas polos deseñadores, Illustrator e Photoshop, e coas que o alumnado se adentrará no deseño vectorial e o retoque fotográfico. As clases presenciais terán lugar no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de Outubro de 2018 a Santiago de Compostela, 19 de Xaneiro de 2019

Dirixido a todas aquelas persoas que desexen aprender os fundamentos para mellorar o seu posicionamento en buscadores, mediante a xeración de contidos, a análise de datos e a realización de campañas de publicidade e marketing online. O curso está organizado polo Instituto de Medios Sociales.

Santiago de Compostela, 19 de Outubro de 2018 a Santiago de Compostela, 18 de Xaneiro de 2019

O Instituto de Medios Sociales, empresa ubicada no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, organiza unha nova edición do seu 'Curso de Experto en Community Management', para todas aquelas persoas que desexen aprender a xestionar correctamente as redes sociais e a súa imaxe de marca en internet.

Santiago de Compostela, 09 de Outubro de 2018 a Santiago de Compostela, 11 de Outubro de 2018

A empresa DXC Technology, ubicada no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia, ofrece ao todos os seus traballadores un curso de ANSIBLE, plataforma de software libre empleada para a configuración, administración e automatización de servidores, aplicacións, servizos e infraestrutura de rede.

O curso desenvolverase en tres xornadas, do martes 9 ao 11 de outubro no Cubículo do CEM.

Páxinas