Sala de prensa

 
Santiago, 14 de Xullo de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na Cidade da Cultura no acto de apertura da exposición Nicolás Muller. Vento Norte, un proxecto que revela a ollada, fondamente humanista, sobre as xentes traballadoras e as paisaxes do norte de España dun dos grandes fotógrafos documentais do pasado século.

Santiago, 11 de Xullo de 2023
Traballo en equipo. 30 anos do CGAC (Foto: Rocío Cibes)

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, destacou esta mañá a “importancia transformadora do CGAC nas súas tres décadas de vida, nas que reformulou todo concepto que tiñamos sobre as ideas de arte, de museo, de exhibición ou de retrospectiva”. Con motivo do 30 aniversario do centro, o titular de Cultura da Xunta de Galicia asistiu hoxe á apertura de Traballo en equipo.

Santiago, 07 de Xullo de 2023

Un total de dez autores emerxentes galegos están a participar estes días na Residencia Literaria da Cidade da Cultura para perfeccionar os seus proxectos de narrativa. A actividade, que forma parte do programa de Residencias Artísticas do Gaiás impulsado pola Xunta de Galicia, conxuga o traballo individual coa posta en común e o intercambio de impresións sobre as propostas do resto de participantes.

Santiago, 04 de Xullo de 2023
Fotos: Rocío Cibes

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta mañá a relevancia do Seminario de Estudos Galegos como “un dos grandes alicerces da cultura galega” do pasado cuxo legado continúa vixente na actualidade. O titular do Goberno autonómico asistiu á inauguración da exposición Luz na Terra.

Páxinas