Sala de prensa

 
Santiago, 13 de Novembro de 2023

A exposición Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos: unha institución de alta cultura, que abriu as súas portas o pasado mes de xullo no Museo Centro Gaiás, colleita xa máis de 16.000 visitas. A mostra, organizada pola Xunta de Galicia, encádrase nos actos de conmemoración do centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos e estará aberta na Cidade da Cultura ata o vindeiro 7 de xaneiro.

Santiago, 10 de Novembro de 2023

A Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, e Afundación (Obra Social ABANCA) presentaron esta tarde a exposición Vigo no tempo, que poderá visitarse na sede desta última entidade ata o 20 de xaneiro de 2024.

Santiago, 08 de Novembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia a exposición Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia, que fai un repaso a un tema con fonda pegada na sociedade galega, pero pouco analizado academicamente.

Santiago, 07 de Novembro de 2023

A Xunta inaugurou hoxe no Arquivo de Galicia do Gaiás a exposición Olga Gallego no seu centenario (1923-2023), dedicada con motivo da efeméride á distinguida bibliotecaria e arquiveira, primeira muller en ingresar na Real Academia Galega. A mostra, composta por documentos e publicacións da propia homenaxeada doados á institución, pode verse na Cidade da Cultura ata marzo de 2024.

Santiago, 02 de Novembro de 2023

A exposición Nicolás Muller. Vento Norte despídese este domingo 5 de novembro do Museo Centro Gaiás logo de recibir preto de 15.000 visitas desde o mes de xullo. A mostra descobre os traballos menos coñecidos que o fotógrafo de orixe húngara realizou nos anos 60 do pasado século en Galicia e nas comunidades do Cantábrico español, así como unha selección das súas imaxes máis célebres.

Páxinas