Sala de prensa

 
Santiago, 14 de Febreiro de 2024

Un díptico teatral de Antón Reixa e Antela Cid recupera as vidas das personaxes esquecidas pola literatura dramática clásica para facelas protagonistas dos volumes X e XI das Clásicas Desfeitas. Baixo o título Míticas pero secundarias, este espectáculo duplo pechará os días 23 e 24 de febreiro unha nova edición do ciclo escénico promovido pola Xunta de Galicia dentro do programa de Residencias Artísticas do Gaiás.

Santiago, 02 de Febreiro de 2024

A Cidade da Cultura estrea hoxe Hamlet, o de Cunqueiro, unha visión renovada da peza teatral que busca a complicidade e interacción co público para axudar a resolver os enigmas que atormentan ao Príncipe de Dinamarca. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu esta tarde á primeira representación da obra, impulsada pola Xunta de Galicia a través das Residencias Artísticas do Gaiás e en colaboración co Centro Dramático Galego.

Santiago, 30 de Xaneiro de 2024

A Xunta de Galicia vén de pechar acordos de colaboración con Museos Nacionais de Historia e Arqueoloxía de Suecia, Dinamarca, Francia e España para a organización da mostra internacional Unha vida viquinga, que exhibirá no Museo Centro Gaiás máis dun centenar de pezas vencelladas coa cultura viquinga, a meirande parte nunca antes amosadas en España.

Santiago, 24 de Xaneiro de 2024

O ciclo Clásicas Desfeitas, promovido pola Xunta de Galicia a través do Centro Dramático Galego e a Cidade da Cultura, presenta en febreiro un novo Hamlet que mestura a linguaxe escénica e a interactividade propia dos videoxogos para crear unha nova obra de teatro itinerante na que o público participa directamente no desenvolvemento da trama.

Santiago, 23 de Xaneiro de 2024

A Cidade da Cultura volve celebrar a súa tradicional festa de Entroido convidando ao público a unha divertida tarde familiar. A música de Brais das Hortas e un gran baile de disfraces, con DJ e temática relacionada coa horta, serán os grandes protagonistas.

Páxinas