A Cidade da Cultura e o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC) apoian o desenvolvemento dunha nova residencia que combina investigación e experimentación artística para achegar ao público conceptos, teorías e coñecementos académicos dos eidos da antropoloxía e das ciencias sociais.
A Xunta axiliza o proxecto para que Galicia conte cun centro que lle permita levar a cabo proxectos de máximo nivel no eido das artes dixitais e faino adxudicando as obras para a construción do que será o primeiro Centro de Artes Dixitais de Galicia nun prazo máximo de 24 meses —seis meses antes do tempo fixado na licitación—.
O director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, recibiu hoxe os 40 creadores emerxentes que ata o vindeiro xoves 31 de agosto participan no Gaiás na décimo terceira edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, EAN13, onde poderán presentar publicamente os seus traballos e aprender de figuras consolidadas neste foro aberto ao intercambio de ideas, experiencias e procesos creativos.
A Xunta de Galicia convida as familias a gozar este verán dunha das citas clásicas do Gaiás, Cidade imaxinaria, que regresa tras un parón ocasionado pola pandemia. Esta xornada lúdica e familiar que enche de fantasía a Cidade da Cultura volve celebrarse este ano o sábado 9 de setembro cunha proposta de xogos e espectáculos para mergullar a pequenos e maiores na maxia e ilusión do circo.
A Consellería de Cultura vén de designar á coreógrafa e mediadora cultural Kirenia Martínez (Cuba, 1980) como nova directora artística de Escenas do cambio, o festival de teatro, danza e arte en acción que ten lugar na Cidade da Cultura e que o próximo ano celebrará a súa décima edición.
Con máis de vinte anos de experiencia —19 deles residindo en Galicia— e unha longa traxectoria artística, a tamén bailarina e fundadora de Kirenia Danza substitúe a Lola Correa, a quen a Consellería de Cultura agradece o seu importante labor á fronte de Escenas do cambio.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- …
- seguinte ›
- última »




