Atardecer no Gaiás 2016

O vindeiro 7 de xullo volve á Cidade da Cultura o ciclo Atardecer no Gaiás, co mellor do indie, pop, rock, electrónica e música clásica do momento. Como xa vén sendo habitual, Atardecer no Gaiás terá lugar todos os xoves, venres e sábados desde o 7 de xullo ata o 27 de agosto ás 21h na praza central. 

McEnroe, Novedades Carmiña, Alondra Bentley, Marc Jonson, Os amigos dos músicos, Mucho, The Soul Jacket ou Orquestra de Cámara Galega serán algúns dos protagonistas das 18 actuacións en pequeno formato coas que gozar ao caer o sol.

E como novidade para este 2016, Atardecer no Gaiás amplía formato! Como? Con catro sesións de proxeccións audiovisuais en pantalla xigante precedidas dunha sesión DJ temática. Aquí van os títulos: Taking Woodstock, The Commitments, Sigur Ros - Heima e unha sorpresa final homenaxe a David Bowie.

Un novo verán, desexarás que se poña o sol.

E se queres recibir puntualmente toda a información de Atardecer no Gaiás, pincha aquí.

 

 
Música & Escena