A Cidade da Cultura recibíu esta tarde unha visita dun grupo de profesionais de grupos de comunicación, produtoras e empresas do mundo do cine e da televisión interesados en coñecer os diferentes espazos arquitectónicos do Gaiás para valoralos como localizacións de futuras producións audiovisuais.
O grupo participou nunha visita guiada especial organizada pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia na que pudieron explorar non só os espazos exteriores e interiores do complexo, senón outro tipo de zonas habitualmente non abertas ao público xeral, como a galería subterránea que comunica todos os edificios.
A visita forma parte das xornadas ‘I+P, ideas para producir’ organizada pola Film Commission, o Concello de Santiago de Compostela e o Cluster Audiovisual Gaego, e que inclúe no seu programa un percorrido por partes emblemáticas da capital galega. En edicións anteriores visitaron, por exemplo, a Catedral de Santiago ou o Pazo de Fonseca.
No grupo que participou nesta visita participaban representantes de Mediaset, RTPA, Canal #0, Filmax, A Contracorriente Films, DeAPlaneta, Mod Producciones ou Music Library, ademais do propio Clúster do Audiovisual Galego e a Film Commission.
A forza visual da Cidade da Cultura converten os seus espazos arquitectónicos en escenario habitual de rodaxes audiovisuais e proxectos fotográficos profesonais, como ten ocurrido neste mesmo ano con ‘Sicixia’, a nova película de Ignacio Vilar, ou con firmas de moda como Pull & Bear.
