A Cidade da Cultura acolleu a presentación dos proxectos impulsados na terceira edición do coworking 'Go2Work', impulsado polo Igape e a Escola de Organización Industrial (EOI), na que se achegou formación e asesoramento para o desenvolvemento dun total de 17 proxectos.
A Cidade da Cultura de Galicia festexará a tarde do sábado 27 de outubro o seu xa consolidado Magosto no Gaiás.
A derradeira leición do mestre —obra icónica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e considerada o ‘Guernica galego’— foi descolgada e embalada por técnicos especialistas para iniciar o procedemento de traslado desde o Centro Galicia de Buenos Aires a Galicia, onde se exhibirá por vez primeira na Cidade da Cultura —do 5 de outubro de 2018 ao 3 de marzo de 2019— como eixe central de Castelao maxistral, exposición homenaxe ao papel que xogaron
Víctor Manuel, Rosa Cedrón e Vicky Gastelo estiveron o pasado venres, día 21, na Cidade da Cultura para arroupar a Emilio Rúa no primeiro concerto de presentación de Duetos, o seu último disco. Foi unha actuación especial na que se puido gozar en vivo das voces de tres dos artistas que participaron no álbum, e que cantarán en galego a dúo co músico ourensán.
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca a sexta edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso que impulsa o desenvolvemento de ideas emprendedoras relacionadas coas industrias culturais en Galicia. Nesta edición, os premios repártense en dúas categorías: proxectos en internet e desenvolvemento de aplicacións informáticas no sector cultural e proxectos relacionados co deseño, a xestión cultural e a creación artística e plástica.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 154
- 155
- 156
- 157
- 158
- 159
- 160
- 161
- 162
- …
- seguinte ›
- última »




