Premios deseño do cartel do 8M aos centros de ensino

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, fará entrega dos premios do deseño do cartel do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, aos centros de ensino galardoados este ano. Na convocatoria do concurso de deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller participou alumnado de Educación Infantil, Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e de Bacharelato e Formación Profesional cun total de 123 propostas de centros educativos de Galicia.

Entre os carteis propostos polo alumnado de Infantil e de 1º ata 4º de Primaria alzouse co 1º posto o CPI O Progreso de Catoira (Pontevedra) e, co segundo, o CEIP Benigno Quiroga Ballesteros de Lugo. Na categoría de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO o primeiro premio foi para o IES Carlos Casares de Vigo e o segundo para o CEIP de Casás de Lugo. A proposta do CPR Santo Tomás do Porriño (Pontevedra) recibiu o primeiro premio na 3º categoría dirixida a estudantes de 3º e 4º de ESO, Bacharelato e FP, mentres o IES Plurilingüe de Elviña da Coruña quedou no segundo lugar.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI