O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do conselleiro do Medio Rural, José González, participará na presentación da Estratexia do sector lácteo galego. O evento terá lugar no Plató Galicia MICE, ubicado no salón de convencións do edificio Cinc. A intervención estará aberta aos medios de comunicación.
A nova estratexia do sector lácteo para impulsar a I+D+i e a profesionalización desta industria, ten o obxectivo de chegar a transformar o 75% do leite que se produce en Galicia. Esta iniciativa contará con cinco eixes: produción, industria, mercados, cadea de valor, formación e innovación.
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h























