Comisión Executiva FEGAMP

Reunión da Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que terá lugar no Auditorio 1 do Edificio CINC o 21 de xullo. 

A Fegamp é unha entidade asociativa constituída polos 313 concellos galegos, as 4 deputacións provinciais e as 9 entidades locais menores existentes no ámbito territorial de Galicia. Naceu en 1988 co obxectivo de promover, representar e defender os intereses dos organismos locais galegos. Con sede única en Santiago de Compostela, a Fegamp conta cun corpo administrativo propio e cuns órganos de goberno que se renovan cada catro anos en función do mapa político municipal galego. 

A Fegamp respecta a autonomía local de cada un dos seus asociados e centra o seu labor diario nas funcións recollidas nos seus estatutos fundacionais:

  • Fomentar e defender a autonomía das Entidades Locais.
  • Promover, representar e defender os intereses das Entidades Locais ante outras Administracións Públicas.
  • Promover e desenvolver a cultura e lingua galegas no ámbito local.
  • Promover e reivindicar ante os correspondentes poderes públicos canto estime oportuno na orde a lograr o teito competencial das respectivas Entidades Locais.
  • Fomentar a participación cidadá na vida local.
  • Desenvolver e consolidar o espírito europeo no ámbito local baseado na autonomía e solidariedade entre os Entes Locais.
  • Defender en xuízo dos intereses da Administración Local Galega se é o caso, así como as actuacións necesarias perante o Tribunal Constitucional de acordo coa súa Lei Orgánica, en defensa da Autonomía Local.
  • Calquera outro que afecte ou incida de forma directa o indirecta ós seus asociados ou á propia Federación.
 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta