IV Hackathon Big Data & Analytics

O Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio (CEIN) de DXC Technology convoca o IV Hackathon Big Data & Analytics, que terá lugar os días 6 e 7 de marzo, nas súas oficinas na Cidade da Cultura de Galicia.

Este evento ten como obxectivo reunir a equipos formados por analistas, universitarios, emprendedores e todo tipo de persoas con inquietudes no ámbito de Intelixencia Artificial, Big Data e Analytics co fin de elaborar unha solución tecnolóxica que dea resposta a un reto exposto inicialmente, que nesta ocasión está vinculado co medio mariño, a meteoroloxía e o cambio climático.

Lánzase así o reto de crear ferramentas de apoio para a toma de decisións para que, diferentes perfís de usuarios, poidan levar a cabo as súas actividades nas condicións máis favorables. Para iso, as ferramentas deben ter en conta as variacións esperadas, nos parámetros atmosféricos e marítimos, debidas ao cambio climático. Como potenciais usuarios das ferramentas que os participantes expoñan, propóñense os seguintes perfís:

  • Pesca e marisqueo profesional
  • Pesca recreativa
  • Práctica de deportes acuáticos: surf, natación...
  • Lecer

As fontes de datos, proporcionadas por Intecmar e Meteogalicia, e a forma de acceso aos mesmos proporcionaranse aos participantes cando realicen o rexistro.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta