A Cidade da Cultura acolle o 20 de febreiro a cea inaugural do 32 Congreso Nacional OPC Spain, que reunirá ao sector de eventos español en Santiago de Compostela entre os días 20 e 22. A cita incluirá varias sesións de relatorios e debate que se celebrarán no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago e se dirixirán a que as entidades que o organizan, OPC España e OPC Galicia, amosen a potencialidade da comunidade galega á hora de recibir grandes eventos, pondo o foco nun valor eterno e á en alza á hora de organizar eventos: o territorio. Por iso, o encontro organiza contidos diversos en espazos de excepción -como o caso da cea no Gaiás-, fundamentando o congreso en catro grandes eixes: o coñecemento, o contacto, a tecnoloxía e a emoción.
Mar - Dec 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Nov - mai 2017
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
14 nov 2026
De 17:30h a 18:30h




























