Curso de formación para a acreditación RTTP: Technology Transfer

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia e a Fundación Barrié desenvolven esta iniciativa de forma conxunta, dando continuidade ao labor da Fundación Barrié na formación de xestores de transferencia, co obxectivo de avanzar cara a un cambio de cultura dentro da carreira investigadora e estimular o achegamento dos investigadores a actividades de transferencia e emprendemento.

O “Programa de acreditación RTTP 2019-2021”, que se estenderá ao longo do trienio 2019-2021, está dirixido a xestores de transferencia de tecnoloxía do Sistema Galego de Innovación. A participación nos cursos e a obtención da acreditación está financiada por GAIN e a Fundación Barrié.

O “Programa de acreditación RTTP 2019-2021” facilita a obtención da acreditación Registered Technology Transfer Professional de ATTP – Alliance of Technology Transfer Professionals. Para iso levará a cabo un ciclo formativo específico e proporcionarase mentorización para a preparación do dossier acreditativo para a obtención da certificación.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta