II Xornadas de Bibliotecas Públicas de Galicia

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Políticas Culturais, organiza a II Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia. Esta celebrarase o 21 de outubro no Auditorio 1 CINC – Centro de Innovación Cultural na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Co lema Bibliotecas inclusivas: accesibles a todas e a todos, a II Xornada pretende destacar o importante papel que deben desempeñar as bibliotecas como espazos accesibles e integradores das persoas con diversidade funcional.

Os eixes arredor dos que xirarán os relatorios serán:

  • Accesibilidade universal (física, cognitiva e sensorial): fomentar a autonomía das persoas nos espazos da biblioteca.

  • Fondos documentais accesibles: adaptados ás diversas necesidades lectoras e audiovisuais: lectura fácil, lingua de signos, letra grande, linguaxe pictográfica, audiolibros...

  • Servizos integradores: adaptar os servizos tradicionais e proporcionar servizos adaptados a colectivos con discapacidade.

  • Formación do persoal: a importancia de formar o persoal na atención á diversidade.

Logo da boa acollida da primeira edición da Xornada de Bibliotecas Públicas do ano 2018, neste 2019 búscase encamiñar este espazo de reflexión e encontro dos profesionais das bibliotecas galegas cara ás bibliotecas inclusivas. Estas demandan unha necesaria adaptación dos espazos, as coleccións, os servizos e os profesionais para dar resposta aos retos que presenta a sociedade actual.

Como novidade, esta edición acolle experiencias reais que exemplifican os contidos teóricos que se presentan neste encontro.

A Xornada pecharase coa entrega da segunda edición do Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia 2019, posto en marcha pola Xunta de Galicia no 2018.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI