II Xornada Galicia Destino Activo

Co obxectivo de continuar o posicionamento da marca Galicia como destino de turismo activo, o Clúster de Turismo de Galicia, convoca ás empresas que xa forman parte da marca para coñecer o resultado das accións desenvolvidas no ano 2018 e as que se van a executar no presente exercicio.

Así tamén, convida a empresas turísticas a elaborar 3 novos produtos que seguirán a estrutura dos creados no ano 2018.

Nesta edición, elaboraranse 3 actividades diferentes na mesma xornada:

PRESENTACIÓN GDA 2019 – 10:30h

Dirixida a todas aquelas empresas que xa forman parte do proxecto e a aquelas que están interesadas en crear novos produtos ligados a Galicia Destino Activo.

WORKSHOP GDA 2019 – 11:00h

So participarán aquelas empresas que busquen crear novos produtos ligados ao Turismo Activo. Este ano crearanse 3 novos produtos que deberán ser colaborados por empresas turísticas como:

Empresas de turismo activo (imprescindible que haxa unha empresa de turismo activo por cada produto)

  • Aloxamentos
  • Axencias de viaxes
  • Servizos de restauración
  • Guías turísticos
  • Outros servizos complementarios como museos, centros de interpretación ou portos deportivos.

MESAS DE TRABALLO GDA 2019 – 12:00h

Nesta actividade so participarán os grupos de traballo que se teñan creado no workshop.
Daranse as pautas de creación de produto segundo os estándares da marca GDA.
Destas mesas de traballo xurdiran os 3 novos produtos de Galicia Destino Activo.

FIN DA XORNADA – 14:00h

*Para a participación nas mesas de traballo a organización recomenda que cada empresa traia o material de traballo que considere: ordenador, folletos, catálogos, mapas...

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI