O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, intervirá ante os medios tras a reunión da comisión Organizadora do Xacobeo 2021. A intervención pública terá lugar ás 12.30 horas.
A Comisión Organizadora do Xacobeo 2021 conta coa participación dos departamentos da Xunta no ámbito de turismo, patrimonio, infraestructuras e servizos sociais, así como da Delegación do Goberno, encargada da seguridade.
Tamén forman parte da mesma o Arcebispado de Santiago, que se responsabiliza da Catedral, onde os peregrinos finalizan o Camiño; o concello, comprometido a darlles a mellor acollida aos peregrinos na capital galega, e a Fegamp, que canaliza a colaboración de todos os municipios polos que pasa a ruta xacobea.
























