Sesións informativas Galicia Profilme

Este mes de xullo, Peter Andermatt (Director de Oficina MEDIA España) ofrecerá dúas sesións informativas no marco do programa formativo Galicia Pro Filme en Santiago de Compostela.

1. Política audiovisual comunitaria

Martes 9 de xullo de 2019 ás 17.00h na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia. Dirixida a talentos e empresas productoras, durante esta sesión analizarase o presente e o futuro da política audiovisual comunitaria. A continuación definiranse as claves e as recomendacións para a presentación de proxectos ás axudas de desenvolvemento e de difusión ou distribución televisiva de MEDIA. Tamén se tratarán as últimas novidades relacionadas coa formación continua (especialmente no campo do desenvolvemento e das coproducións europeas).

2. Festivais de cine: Apoios públicos e outras accións

Mércores 10 de xullo de 2019 ás 12.00h na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia. Esta sesión está dirixida a xestores e programadores de festivais de cine. Durante a mesma analizaranse as conclusións dun informe da Comisión Europea sobre os modelos de colaboración entre certames  europeos. Tamén se presentará o obradoiro Developing Your Film Festival (iniciativa británica apoiada por MEDIA). Finalmente proporcionaranse consellos prácticos á hora de solicitar axudas ao programa MEDIA e a outras institucións públicas.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada