Cociña + Conciencia é unha iniciativa sen precedentes que reunirá, en Galicia, aos máis importantes chefs nacionais e internacionais nun encontro no que se debaterán os aspectos fundamentais do presente e do futuro da gastronomía.
Ao evento asistirán máis de 50 chefs invitados de recoñecido prestixio chegados de diferentes partes de mundo. Mostra do seu bo facer son as 40 Estrelas Michelin que suman entre todos eles. O cociñeiro galego, Pepe Solla, exerce de comisario desta convocatoria coordinado polo CSHG que conta, ademais, co respaldo de Andoni Luís Aduriz e Ángel León.
Ademais da xuntanza entre os cociñeiros, Cociña + Conciencia celebrará, dentro do programa de actividades, unha mostra de produtos da gastronomía galega que contará coa participación de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, así como de diferentes colectivos e asociacións de cociñeiros que exercerán de anfitrións.
























