A Cidade da Cultura de Galicia acollerá o martes 21 de maio un foro de debate sobre financiación para empresas turísticas impulsado polo Clúster do Turismo de Galicia e Banco Sabadell orientada a resolver dudas, informar sobre financiamento e ofrecer asesoramento ás empresas turísticas galegas.
A xornada está pensada para profesionais, autónomos e propietarios de empresas do sector turístico, que consideren que poden mellorar o financiamento das súas organizacións ou necesiten recursos para novos proxectos de investimento.
Programa
10.30 Apertura da Xornada
- Cesáreo González Pardal , Presidente do Clúster de Turismo de Galicia
- Juan Luis Candamo Fernández, Director Rexional de Galicia Centro Banco Sabadell
- Nava Castro Domínguez, Directora de Turismo de Galicia
10.50 Produtos financeiros específicos para o sector turístico
- José María Martín Rigueiro, Director de Negocio Turístico e Hostaleiro de Banco Sabadell
11:20 Presentación dos incentivos autonómicos para o sector turístico
- Incentivos orientados ao investimento. Beatriz Calderero Mir, Responsable da oficina do IGAPE en Santiago
- Axudas para a implantación da Q de Calidade Turística. Modesto Rouco Vilar, Axencia Turismo de Galicia
11:50 Café
12: 20 Como ser máis atractivo cando solicito financiamento a unha entidade financeira?
- Anxo Mejias, Director da consultora BIG PEME
13:00 O renting hoteleiro: Unha fórmula de financiamento fácil e flexible.
- Tomás Manuel Abeigón Vidal, Director de Negocio Turístico Hostaleiro Territorial Noroeste de Banco Sabadell
13:45 Peche da Xornada
- Cesáreo González Pardal , Presidente do Clúster de Turismo de Galicia
























