Presentación da VI Carreira Camiño das Letras

Rolda de prensa de presentación da sexta edición da Carreira Camiño das Letras, organizada coa intención de unir a práctica do atletismo co Día das Letras Galegas e co simbolismo dos Camiños de Santiago.

Na presentación participarán o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, o director xeral de Política Lingüística, Valentín García; e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez.