VI Carreira Camiño das Letras

Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Políticas Culturais, colabora con Xurdir S.L. na organización da VI edición da Carreira Camiño das Letras, que se celebra o vindeiro venres 17 de maio.

Haberá dous circuítos: cunha carreira de 15 km desde o Pico Sacro, seguindo o Camiño do Sueste - Vía da Prata, ata a Cidade da Cultura; e unha segunda carreira de 5 km con percorrido polo Gaiás e polo Bosque de Galicia. Tamén, como en todas as edicións, realizaranse carreiras infantís en diferentes categorías.

A inscrición realizarase a través da páxina web www.carreirasgalegas.com ata o luns 13 de maio ás 23.59 horas.

Todas as persoas participantes que finalicen a proba de adultos e de menores recibirán como agasallo da organización un libro e máis o diploma Camiño das Letras, para unir a conmemoración do Día das Letras Galegas co simbolismo dos Camiños de Santiago. Todos os rapaces recibirán unha medalla conmemorativa da carreira.

A entrega de premios ás persoas gañadoras realizarase progresivamente segundo vaian rematando as probas, na zona de meta da  Cidade da Cultura.

Os premios non serán acumulativos. Recibirán premio:

  • Os 3 primeiros clasificados (en mulleres e homes) da proba absoluta recibirán un trofeo deseñado especialmente para a proba e un lote de libros.
  • Os tres primeiros clasificados das categorías de pitufo a máster recibirán un lote de libros.
  • O centro escolar e o club que máis alumnos acheguen a proba recibirán un trofeo e un lote de libros.

Toda a información en www.carreirasgalegas.com

 
 
Cartel VI Carreira Camiño das Letras
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h