Xornada INCITUS

En paralelo aos preparativos para a gran Gala Final da cuarta edición dos seus premios, Incitus convoca á elite da hostalaría galega o vindeiro xoves día 11 ás 10:00 AM na Cidade da Cultura de Galicia. No evento, que contará cun singular formato, as persoas asistentes poderán gozar da experiencia e bo facer de figuras como Javier Oleiros, Manuel Núñez, consursante de Top Chef, Pepe Solla ou Xoan Cannas.

En concreto Javier Oleiros, que conta cunha Estrela Michelín no seu restaurante Culler de Pau e é un dos chefs máis recoñecidos polos seus compañeiros de profesión, charlará de ti a ti sobre imaxe e marca con Jaime Conde, director xeral da axencia Quattro IDCP.

Por outra banda Manuel Núñez, propietario do restaurante Arume de Barcelona, que pasou por Top Chef en 2017, debaterá sobre mercadotecnia e estratexia con Pablo Domínguez, de Iuni Consulting. E finalmente, Pepe Solla charlará sobre interiorismo con Iván Cotado, INteriorista Estratéxico e director creativo do estudo que leva o seu nome.

Serán tres singulares ti a ti entre recoñecidos e galardoados chefs e profesionais de extensa traxectoria, e igualmente recoñecida. Trátase de afrontar a gastronomía desde outros puntos de vista e analizar a influencia cada vez máis decisiva de factores contiguos nun sector que tradicionalmente viña centrando unicamente en produto e servizo.

A continuación, os invitados uniranse nunha mesa redonda moderada por Marta Fernández, directora do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), á que se sumarán distinguidos profesionais como Xoan Cannas, director do Instituto Galego do Viño e Premio Nariz de Ouro 2004, e Alberto Traversa, propietario da revista gastronómica do La Alacena Roja.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h