2º encontro Galicia Global

A Asociación Española de Directivos organiza o seu 2º encontro Galicia Global o xoves 20 de decembro de 2018 na Cidade da Cultura. A rede de directivos galegos que lideran organizacións danse cita de novo para favorecer as relacións e o intercambio de experiencias entre o colectivo de directivos de Galicia e os directivos galegos no exterior.

A xornada, que conta coa colaboración do Igape, estará dedicada a debater cales van ser as implicacións do proteccionismo na internacionalizacíon das empresas desde a visión dos directivos no exterior.

AXENDA DO ENCONTRO

12:00–12:05h. Benvida. Xavier Gangonells, director xeral da AED.

12:20–13:20h. Mesa Redonda. "Implicacións do proteccionismo na internacionalización das empresas: a visión dos directivos no exterior"

  • Marc Amoedo. Director de tecnoloxía de PowerObjects and HCL Company (Reino Unido)
  • Juan Cividanes. Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
  • Esther Diz. Directora de desenvolvemento de negocio internacional de Covasolutions (EEUU)
  • José Luis Kaiser. Director general de Política Comercial y competitividad del Ministerio de Industria, Comercio y Turismo
  • Diana Massis. Socia directora de Realtimebox (Reino Unido)
  • Luis Tojeiro. Socio director de Atlantic Americas Reinsur operador de Lloyd´s (EEUU)
  • Modera: Manuel Blanco Casal, responsable do suplemento Mercados de La Voz de Galicia

13:20–13:30h. Despedida. Manuel Fernández Pellicer, presidente do Consello de AED en Galicia.

13:30–14:15h. Networking / Vino galego

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h