Entrega do I Premio de Novela Camiño de Santiago

A Cidade da Cultura de Galicia acolle o 17 de decembro a entrega do I Premio de Novela Camiño de Santiago, promovido pola Academia Xacobea coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, Naturgy e a Editorial Galaxia.O acto terá lugar ás 17 horas na Sala Eisenman.

Catro son as obras finalistas seleccionadas polo xurado nesta primeira edición do galardón: El juego de la Coca, Camiño de Paixón, Ego Sum e Ecúmene. O premio está dotado con 6.000 euros e a novela gañadora será publicada pola Editorial Galaxia, tanto en galego como en castelán, grazas á colaboración de Política Lingüística. Un total de 15 orixinais presentáronse ao I Premio de Novela Camiño de Santiago.

O xurado encargado de escoller as finalistas e a obra gañadora está composto polo presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou; o escritor Ulises Bértolo; a responsable de Relacións Institucionais e Comunicación de Naturgy en Galicia, Amalia Baltar; o catedrático de Historia da USC, Pegerto Saavedra; a escritora Rosalía Morlán, e o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
19 abr 2026
Ás 18:00h
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h