V Reunión Conxunta

A V Reunión Conxunta do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña, o Colexio Profesional de Hixienistas de Galicia e o Colexio Oficial de Protésicos de Galicia celebrarase os días 30 de novembro e 1 de decembro de 2018 no edificio CINC da Cidade da Cultura.

Neste evento científico e profesional participarán 35 conferenciantes, 42 empresas do sector e espérase a asistencia de máis de 300 profesionais. O encontro servirá para abordar  temás clínicos e científicos, pero tamén profesionais, como a crise das multidentales, as boas e malas prácticas na publicidade ou a mellora da regulación profesional e lexislativa do sector.

As conferencias contarán coa participación simultánea de relatoras dos distintos sectores profesionais, ofrecendo unha perspectiva completa de todos os implicados no coidado e mantemento da saúde oral dos cidadáns.

As inscricións a esta reunión conxunta pódense formalizar na secretaría de calquera dos colexios profesionais organizadores e inclúen documentación e acceso ás sesións científicas, comidas de traballo e cea de clausura.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta